Novas semanais: ABAU e formación en linguas

Novas semanais: ABAU e formación en linguas

Esta semana informamos das novidades da ABAU e tamén de recursos de formación en linguas.

As modificacións que se producen na ABAU, pódelas consultar na páxina da CIUG e tamén no DOG do 6 de maio de 2020 que recolle as instruccións para realizar a avaliación do Bacharelato e acceso á universidade para o curso 2020/2021. Na páxina de Xuventude podes ver un resumo.

Para aprender novos idiomas, dende Xuventude propoñen catro páxinas web para facelo de xeito gratuíto:

Duolingo: podes aprender idiomas dende o teu ordenador ou no móvil coas aplicacións de Android e iOS.

Busuu: unha páxina na que podes chatear e interactuar con outros usuarios para mellorar as túas habilidades comunicativas.

Memrise: un espazo con máis de 300 mil cursos e máis de 258 millóns de palabras para aprender a través de regras memotécnicas.

Babbel: onde podes aprender ata 13 idiomas con leccións de 15 minutos.