26-04-2020: Unha nova prórroga do estado de alarma

26-04-2020: Unha nova prórroga do estado de alarma

O Goberno de España acordou a autorización dunha nova prórroga do estado de alarma ata o día 10 de maio. Polo tanto, do mesmo xeito que ata o de agora, os centros educativos continuarán pechados para actividades lectivas presenciais cando menos ata esa data.

Lembramos que durante o peche dos centros educativos, o profesorado continuará titorizando e facendo un seguimento das actividades lectivas a través de medios telemáticos: aula virtual, correo electrónico, … Por este motivo, é de moita importancia que o alumnado consulte con frecuencia o correo electrónico (tamén o que se indicou no momento de facer a matrícula no ciclo formativo), aula virtual, … para facilitar o máximo posible a continuidade no proceso formativo.

Unha vez máis agradecemos a colaboración e o esforzo que se está a facer. Tamén desexamos moito ánimo para seguir afrontando a situación actual, unha situación na que é fundamental colaborar respectando as condicións do estado de alarma en beneficio de todos/as.