Formación e recursos durante o confinamento

Formación e recursos durante o confinamento

Presentamos novas propostas de interese:

“Galicia, un relato no mundo”: unha visita virtual que explora o territorio galego ao longo do tempo e nas relacións internacionais. Entra á visita virtual á exposición.

Formación en redes sociais Poxecto Libera: o Equipo LIBERA achega información das principais redes sociais para coñecelas e sacar proveito durante estes días. Podes ver a formación na seguinte ligazón.

Recursos didácticos online sobre o proceso cinematográfico: a Asociación cultural Olloboi convoca o seu 10º Festival aAudiovisual escolar e pon a disposición os materiais educativos sobre montaxes dunha curta e charlas e actividades “Aprendendo con Olloboi”. Tamén ofrecen os enlaces das canles educativas de Educlic, a páxina de realizadores/as de Galicia CREA e a de Novo Cinema Galego. Se logo che apetece concursar no seu festival, consulta máis información na súa web.