11-04-2020: Nova prórroga do estado de alarma

11-04-2020: Nova prórroga do estado de alarma

O Goberno de España acordou a autorización dunha nova prórroga do estado de alarma ata o día 26 de abril. Polo tanto, os centros educativos continuarán pechados para actividades lectivas presenciais cando menos ata esa data.

Durante o peche dos centros educativos, o profesorado continuará titorizando e facendo un seguimento das actividades lectivas a través de medios telemáticos: aula virtual, correo electrónico, … Por este motivo, é moi importante que o alumnado consulte con frecuencia o correo electrónico (tamén o que se indicou no momento de facer a matrícula no ciclo formativo), aula virtual, … para facilitar o máximo posible a continuidade no proceso formativo.

De novo agradecemos a colaboración e desexamos moito ánimo para seguir afrontando a situación actual, unha situación na que é moi importante quedar na casa en beneficio de todos/as.