26-03-2020: Ampliación do estado de alarma

26-03-2020: Ampliación do estado de alarma

No día de onte, o Goberno de España acordou ampliar o estado de alarma ata o día 11 de abril. Polo tanto, os centros educativos continuarán pechados para actividades lectivas presenciais cando menos ata esa data.

Durante o tempo que os centros educativos permanezan pechados, o profesorado continúa titorizando e facendo seguimento das actividades lectivas a través de medios telemáticos: aula virtual, correo electrónico, … Por este motivo, é moi importante que o alumnado consulte con frecuencia o correo electrónico (tamén o que se indicou no momento de facer a matrícula no ciclo formativo), aula virtual, … para facilitar o máximo posible a continuidade no proceso formativo.

Agradecemos unha vez máis a colaboración e animamos dende aquí a quedar na casa en beneficio de todos/as.