15-03-2020: Medidas preventivas en relación coa pandemia do coronavirus COVID-19

15-03-2020: Medidas preventivas en relación coa pandemia do coronavirus COVID-19

A partir do 16 de marzo e debido á pandemia polo coronavirus COVID-19, suspéndense todo tipo de actividade lectiva regulada no centro. Durante o período que dure a suspensión, o profesorado fará un seguimento do alumnado por medios telemáticos (aula virtual, correo electrónico, …) .

Todas as xestións administrativas e a comunicación co centro serán por correo electrónico (cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.gal) ou ben de xeito telefónico (881930145) en horario de 10 a 13 horas.

Todas as novidades en relación con este asunto serán notificadas nesta mesma web.

Agradecemos a colaboración e animamos dende aquí a quedar na casa, por ti e por todas as demais persoas.

Máis información en www.edu.xunta.gal