12-03-2020: Información sobre a suspensión de actividades nos centros educativos de Galicia

12-03-2020: Información sobre a suspensión de actividades nos centros educativos de Galicia

A Xunta de Galicia anuciou hoxe a suspensión durante 14 días naturais, de todas as actividades dos centros educativos de calquera nivel, a partir do vindeiro luns 16 de marzo.

Na xornada de mañá a asistencia é opcional, polo que quedan adiados todos os exames e probas previstas e non se fará control de asistencia.

A partir do luns 16 o centro permanecerá pechado para o alumnado.

Toda nova información que nos chegue será colgada nesta páxina web polo que recomendamos que se consulte periodicamente.

A data prevista para a reincorporación ao centro é o luns 30 de marzo. Confirmarémolo aquí no seu momento.

Na seguinte ligazón podes consultar a información que a Consellaría de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou na súa páxina ao respecto das medidas adoptadas:

https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus