Doa sangue, doa vida.

Doa sangue, doa vida.

O vindeiro xoves 12 de marzo de 2020 teremos de novo este curso académico, a oportunidade de doar vida na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que ficará perante o noso cento de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.

Como xa vén sendo costume e coa fin de premiar a vosa altruísta participación, sortearemos entre o alumnado doador dúas entradas para acudir ao cinema a gozar da película que máis vos apeteza.

Nesta ocasión para que o premio non quede deserto será necesario que devolvades en dirección e no prazo de 24 horas, copia do número que vos entregarán no mesmo intre da doazón. Só eses números entrarán no sorteo e o resultado publicarase a través desta mesma páxina web.

Se precisades máis información podedes obtela picando aquí.