Acto de despedida da actividade de colaboración co Centro de Maiores de Caranza

Acto de despedida da actividade de colaboración co Centro de Maiores de Caranza

Na xornada de hoxe tivo lugar un divertido acto de despedida da actividade que o departamento de Actividades Físicas e Deportivas vén realizando ao longo de todo o curso, en colaboración con residentes no centro de maiores do noso barrio de Caranza.

A profesora Dulce Díaz Porto foi a ecargada de organizar o acto en colaboración co seu alumnado de segundo curso do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.

Alumnado e profesora prepararon un simpático desfile no ximnasio onde os maiores derrocharon todas as súas capacidades coma modelos.

Servíronse uns pinchos para agradecer a alegría e o bo humor que os participantes nos transmitiron. Repetiremos.