Iniciativa xove 2020

Iniciativa xove 2020

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca este programa que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís que se desenvolvan durante o ano 2020.

Este programa ten diferentes áreas de atención prioritaria, entre as que destacan o emprendemento, a empregabilidade, o fomento da innovación e creatividade, a inclusión social, o emprego do galego, etc.

Vai dirixida aos grupos de mozos e mozas que teñan unha iniciativa xuvenil e a aquelas asociacións xuvenís e federacións que presenten un proxecto relacionado. Consulta os requisitos de participación e as características dos proxectos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de marzo de 2020 e realizarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Infórmate na páxina de Xuventude: Iniciativa Xove e consulta a convocatoria do DOG do 10 de febreiro de 2020.