Novas sobre idiomas

Novas sobre idiomas

Os Correspondentes Xuvenís anunciamos que British Council conta con bolsas e cursos de inglés.

Neste momento teñen aberto o prazo de 80 bolsas de Aptis para persoas desempregadas, que teñen por fin certificar o nivel de inglés para mellorar a inserción laboral.

Aptis é un sistema de avaliación multinivel que implica as catro competencias lingüísticas (comprensión lectora e auditiva, expresión oral e escrita) que mesturan cunha proba de vocabulario e gramática. Consulta máis información sobre Aptis e o que che ofrece.

Para participar nesta bolsa, enche o formulario en liña e envía a documentación á dirección de correo electrónico que atoparás na súa páxina web. O prazo de solicitudes remata o 31 de marzo de 2020.

Próximamente convocarán novos cursos para nenos e a mocidade, podes manterte informado na seguinte ligazón de becas, axudas e premios.