VII CONCURSO DE MICRORRELATOS DO RODOLFO UCHA

VII CONCURSO DE MICRORRELATOS DO RODOLFO UCHA

O comezo de ano é momento de novos propósitos… escribir un libro é un deses que deberamos levar a cabo polo menos unha vez na vida. Sen embargo, os expertos aconsellan que sexan propósitos susceptibles de acadar a curto prazo para non caer na desmotivación. Quérelo facer deste xeito rápido e non sabes como? 

Pois ímosche axudar un ano máis, e con posibilidade de premio! Participa no VII concurso de MICRORRELATOS do Rodolfo Ucha: unha historia, unha personaxe, un escenario e unha acción en non máis de 150 palabras. O desafío de escribir un microrrelato obrígache a dicir máis con menos, es quen de conseguilo?

Lanzámosvos xa a todos este propósito, en forma de concurso literario coa fin de que aquel alumnado dos segundos cursos do réxime ordinario que a partir de abril se incorporen á FCT, poidan participar sen escusas de falta de tempo. Iso si, lembrade que debedes incluír a frase “facía debuxos no aire” en calquera posición do microrrelato e que o prazo remata o 15 de abril.

Tendes que enviar as vosas obras ao enderezo de correo electrónico edlg@cifprodolfoucha.es, dándolle un título e baixo pseudónimo, podedes consultar as bases do concurso premendo aquí.