Nova actividade do Plan de Igualdade

Nova actividade do Plan de Igualdade

Concurso Pechakucha en conmemoración do Día da Muller

O vindeiro venres 6 de marzo co gallo da conmemoración do Día da Muller que terá lugar 48 horas despois, celebraremos no salón de actos do noso centro a final do concurso pechakucha que lanzamos para o alumnado dos nosos ciclos, en especial para aquel que curse módulos de ofimática ou que traballe con presentacións audiovisuais.

A participación será por grupos de tres ou catro persoas e teñen até o 15 de febreiro para elaborar unha presentación pechakucha sobre diferentes aspectos relacionados coas mulleres e a igualdade de oportunidades.

Máis información sobre que é pechakucha e resto do procedemento con prazos e premios podes obtela do cartel anunciador que verás se picas aquí.