Acreditación de competencias 2020

Acreditación de competencias 2020

Acabamos de pasar o ecuador do prazo de presentación de solicitudes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais no ano 2020, e que remata o 7 de febreiro.

No noso centro este procedemento atinxe ás familias profesionais de “Administración e Xestión” e “Comercio e Márketing”.

Toda a información da convocatoria podes atopala aquí.

Anímate a poñer en valor a túa experiencia profesional. Infórmate con nós!