Programa Actívate de Google

Programa Actívate de Google

Se queres completar a túa formación e queres ir ao teu ritmo sen saír da casa, o Programa Actívate de Google é ideal para ti.

Consulta a oferta formativa que máis se adapte ás túas inquedanzas e aprende de xeito flexible e personalizado. Poderás atopar dende cursos relacionados cos datos e a tecnoloxía, cos fundamentos de márketing dixital e desenvolvemento profesional.

Atopa máis información na seguinte ligazón.

Aproveitamos para recordarvos as novas relacionadas co emprendemento e axudas á contratación da Xunta de Galicia.