Correspondentes xuvenís 3.0: Emprendemento

Correspondentes xuvenís 3.0: Emprendemento

Dende Correspondentes Xuvenís 3.0 queremos que coñezades diferentes axudas que podedes atopar ao emprendemento e á contratación.

Se o que buscas e crear unha empresa, a Xunta de Galicia está ao teu servizo para que poidas emprender. Consulta a seguinte ligazón e a Guía da persoa emprendedora.

Con relación ás sociedades cooperativas e laborais, a Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca axudas económicas para fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais en dous programas diferentes, un de fomento do emprego de cooperativas e sociedades laborais e outro de fomento do acceso á condición de persoa socia. Estes programas terán unha contía dun 25% se se trata dunha cooperativa xuvenil e o seu prazo remata o 10 de febreiro de 2020. Consulta toda a información na Orde e Extracto publicada no DOG e na seguinte ligazón.

Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca diferentes axudas á contratación que teñen como prazo ata o 30 de setembro de 2020. Nelas atópanse:

Emprega Muller: destinada a mulleres desempregadas.

Emprega Discapacidade e Exclusión: destinada á contratación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Persoas desempresgadas paradas de longa duración.

Emprega Xuventude 2020: destinadas á inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas.

Consulta estas últimas convocatorias na web da Consellería de Economía, Emprego e Industria ou no DOG.