O carné xove está cheo de vantaxes!

O carné xove está cheo de vantaxes!

Dende Correspondentes Xuvenís 3.0 queremos recordarvos que o voso carné xove ten diferentes descontos.

Por exemplo, durante o 6 de xaneiro ao 1 de abril de 2020, o carné xove europeo dache a posibilidade de obter as entradas ao parque temático de Disneyland á metade de prezo! Consulta a páxina de Xuventude.

Se aínda non o tes, consulta toda a información para conseguilo e comezar a gozar das vantaxes que ofrece. Tamén poderás consultar os agasallos aos que podes optar.