Novas semanais de Correspondentes xuvenís 3.0

Novas semanais de Correspondentes xuvenís 3.0

Esta semana temos que presentarvos diferentes novidades:

A apertura dos prazos para o proceso de Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións. Consultade a información na páxina do noso instituto ou de Xuventude.

A convocatoria de proxectos do Corpo Europeo de Solidariedade 2020, que permite aos mozos e mozas participar en programas de voluntariado ou prácticas laborais de diversas áreas. Infórmate en Xuventude e na Guia do programa.

A convocatoria anterior vai ligada á nova convocatoria de Erasmus + para 2020. Consulta a información na guía publicada pola Comisión Europea.

A listaxe elaborada dende Xuventude coas recomendacións de material de lectura para as vacacións de Nadal dos participantes neste programa. Se botas en falta algún libro, cómic,… fai a túa achega dende esa mesma ligazón.

Felices Festas e Bo Nadal!!!