Novas semanais de Correspondentes 3.0

Novas semanais de Correspondentes 3.0

Estreamos o noso espazo de información con diferentes concursos que poden ser do voso interese:

VII Concurso Internacional de Fotografía Deportiva Félix Ordóñez 2020. Convocado polo Instituto Provincial para o Deporte e Mocidade da Deputación Provincial de Burgos, leva o nome do foto xornalista Félix Ordoñez. Podedes concursar a partir dos 16 anos nas categorías profesional e afeccionados, con premios monetarios aos mellores traballos. Anímate a participar! Só tes que achegar unha fotografía relacionada coas actividades deportivas, consulta a información aquí . Prazos: dende o 16 de abril de 2019 ata o 26 de maio de 2020.

Concurso para elaborar unha exposición sobre Ricardo Carballo Calero. Convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ten por fin de realizar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor ferrolán homenaxeado en 2020 no Día das Letras Galegas. Infórmate no seguinte enlace e convence aos teus profesores ou profesoras para que che axuden porque require da súa participación. Non esquezas que o 22 de xaneiro de 2020 remata o prazo!

XIX Certame Internacional Videominuto. Convocado pola Universidade de Zaragoza, coa colaboración de Cinemaremagnum Servizos Audiovisuais. Se queres participar elabora un vídeo de animación ou ficción e presenta o teu traballo antes do 20 de marzo de 2020 ás 12:00 pm. Podes gañar premios en metálico. Consulta as bases do concurso.

Premio Europeo Carlomagno para a mocidade. Este é un concurso sobre o desenvolvemento da UE, a integración e as cuestións relacionadas coa identidade europea, na que poden participar os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos. O Parlamento Europeo e a Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán son quen o convoca, outorgará premios monetarios e unha viaxe a Aquisgrán aos tres mellores proxectos e convidaranos a visitar o Parlamento Europeo. Consulta toda a información na súa páxina.