Visita do alumnado do CS de Proxectos de Edificación a Oporto

Visita do alumnado do CS de Proxectos de Edificación a Oporto

O alumnado do CSPE (Proxectos de Edificación) realizou os días 21 e 22  de novembro unha visita a cidade portuguesa de Oporto.

O primeiro día o alumnado tivo a oportunidade de coñecer as novidades no sector da construcción na feria da Construcción Concreta na localidade de Leça da Palmeira, Matosinhos. A xornada rematou cunha visita  polo casco histórico de Oporto.

O segundo día visitaron a Casa da Música de Oporto, obra do arquitecto holandés Rem Koolhaas e,  xa de volta fixeron unha parada para coñecer a facultade de Arquitectura de Oporto, feita polo coñecido arquitecto portugués  Álvaro Siza Vieira.

O noso alumnado compartiu viaxe con alumnado e profesorado da familia de construccións civís e edificación do CIFP Someso de A Coruña e estivo acompañado polo profesor, José Luís Méndez Otero.

https://concreta.exponor.pt/?lang=es

http://www.casadamusica.com/

Densanso nas instalacións de Exponor, na feria da
Construcción.
Fotografías de José Luís Méndez Otero
Coñecendo a cidade de Oporto
Escoitando as explicacións dos responsables da casa da Música