Xornada TIC Working organizada pola Asociación TIC Ferrolterra

Xornada TIC Working organizada pola Asociación TIC Ferrolterra

O pasado mércores 13 de novembro, diverso alumnado e profesorado dos ciclos de Informática do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro asistiu a unha xornada organizada no Antigo Hospicio de Ferrol pola Asociación TIC Ferrolterra.

A xornada que levaba por título “TIC Working – La tecnología que impulsa nuestra comarca” constou de diversas charlas impartidas por membros da asociación. Nestas charlas presentouse a actividade das empresas así como tecnoloxías, metodoloxías ou produtos que son parte importante da presenza das TIC na nosa comarca.