Mobilidade en Inglaterra do Alumnado de FP Dual de Asistencia a Dirección

Mobilidade en Inglaterra do Alumnado de FP Dual de Asistencia a Dirección

O alumnado do Ciclo Superior de Asistencia a Dirección, na modalidade dual, realizou o pasado mes de outubro unha viaxe a Inglaterra como parte do programa de mobilidades de FP dual para o curso 2019-2020 convocado pola Consellería de Educación.

O grupo, acompañado polo seu profesor de Inglés Manuel Pita, partiu para a localidade de Brighton o Domingo 20 de Outubro e regresou o Sábado 26. O obxectivo do programa era mellorar a competencia profesional e lingüística do alumnado. Durante a súa estancia, o grupo recibiu formación lingüística na ELC Language School de Brighton e organizou e desenvolveu visitas á catedral de Chichester, ao Royal Pavillion de Brighton e ao Science Museum, Natural History Museum e V&A Museum, estes tres últimos en Londres.

Finalmente, engadir que a valoración deste programa, tanto por parte do alumnado como do profesor, foi altamente positiva, e que agardamos poder repetir en próximos cursos experiencias similares.