Se onte fuches doar, hoxe podes ir ao cinema … de balde! (Bule,bule, que se vai sortear de novo!)

Se onte fuches doar, hoxe podes ir ao cinema … de balde! (Bule,bule, que se vai sortear de novo!)

No sorteo de dúas entradas para acudir ao cinema, entre o alumnado doador de sangue na xornada do pasado martes 29 de outubro de 2019, resultou agraciado o número que podes ver aquí, descargando o vídeo do sorteo para Iphone ou descargando o vídeo do sorteo para Android.

Moitas grazas ás máis de cincuenta persoas que foron doar, e agora a ver se hai sorte.

A día de hoxe continúa sen aparecer a persoa gañadora. Se doaches, revisa o teu número porque na vindeira semana do 11 ao 15 de novembro, de non vir reclamar ninguén o premio, procederemos a realizar un novo sorteo das dúas entradas.