Resolución do concurso de Informática

Resolución do concurso de Informática

Imaxe dunha Raspberry Pi 3

A pasada semana, resolveuse o concurso de Informática convocado no mes de xaneiro.

Neste concurso brindábase a oportunidade aos participantes de gañar un par de dispositivos Raspberry Pi 3 proporcionados pola empresa 3.14

Os gañadores dos 2 dispositivos proporcionados por 3.14 foron os alumnos:

  • Adrián Orjales Vidal de 1º de DAM, que propuxo o desenvolvemento dun servidor de almacenamento online.
  • Adrián Pérez González de DAW modular, que propuxo o desenvolvemento de tres proxectos.
    • O primeiro consistente nun GPS e un centro multimedia para un automóbil.
    • Un segundo proxecto para montar un centro multimedia de salón.
    • Un terceiro proxecto para construír un centro recreativo co fin de emular o funcionamento de diversas consolas.

Parabéns aos gañadores e sinceiros agradecementos ó resto do alumando que participou no concurso.