Dúas prazas en Italia no Corpo de Solidariedade Europeo

Dúas prazas en Italia no Corpo de Solidariedade Europeo

A Oficina de inforamción Xuvenil de Ribadavia. OMIX, busca dúas persoas participantes para un Corpo de Solidariedade Europeo (CSE) nas actividades propostas nos 5 centros de día cos que conta a cooperativa social Stranaidea en Italia.

O Corpo Europeo de Solidaridade ven a substituir o que anteriormente se coñecía como Servizo de Voluntariado Europeo.

O lugar de realización será en Turín, en Italia do 06/09/2019 ao 30/08/2020.

O proxecto consiste en colaborar con diferentes tipos de persoas, as actividades a realizar serán:
– Actividades deportivas, musicais, de socialización, artesanía, etc, con rapaces/as e adultos con discapacidade en centros sciais.
– Actividades con meniños/as de 0-3 é 4-6 anos en escolas infantís.
– Proxectos de teatro social e comunitario cá comunidade local (xuventude, adultos, persoas con discapacidade, etc.
– Actividades con persoas en risco de exclusión social (xardinería, cociña, pintura, limpieza, etc.)

O prazo de solicitude estará aberto ata o 18 de Maio.

Para máis información: omix.ribadavia@gmail.com 
www.omixribadavia.wordpress.com 
Teléfono: 988 477 101