Proxecto Hélice

Proxecto Hélice

O Proxecto Hélice é unha iniciativa a cargo do Organismo Internacional de Mocidade para Iberoamérica e a Asociación Cultural Meninas  Cartoneras no marco do Pacto Mocidade 2030.

Consiste nun curso de Emprendemento Cultural en formato  MOOC a cuxos contidos se poden acceder de forma aberta, gratuíta e  online na plataforma  MiríadaX:
https://miriadax.net/web/proyecto-helice-emprendimiento-cultural-2-edicion-/inicio  
O programa completo consta de dez módulos impartidos por profesionais con experiencia na posta en marcha de emprendementos e por emprendedores que tiveron éxito no ámbito cultural, e desenvolverase ao longo de seis semanas, entre o 6 de maio e o 16 de xuño.

O obxectivo do contido do curso é o de proporcionar ferramentas técnicas e ideas crave para poñer en marcha un emprendemento cultural. O curso ten unha orientación eminentemente práctica para que as e os inscritos poidan aplicar todos os coñecementos ao seu proxecto persoal, e ao terminar o curso a ou o alumno poida concretar a súa idea empresarial.

Os sete primeiros módulos, comúns a todas as persoas que se inscriban, traballan as áreas e pasos necesarios que compoñen unha empresa no ámbito da cultura: Contabilidade básica, como crear un Plan de Negocio, Comunicación e difusión a través de medios convencionais e redes sociais, como solicitar e obter Axudas e subvencións,  Asociatividad e  networking, un módulo relacionado coa organización de Cooperativas e outro no que se inclúen entrevistas e información de casos de emprendementos exitosos no ámbito cultural.

O último módulo deseña un itinerario en función dos intereses de cada alumna ou alumno: un módulo centrado nos proxectos de artes escénicas, outro de audiovisuais e outro do sector editorial, a elixir un. Todos eles impártense por artistas ou profesionais en activo, o que proporciona unha visión dun caso práctico real.

https://proyectohelice.org/que-es/

https://miriadax.net/web/proyecto-helice-emprendimiento-cultural-2-edicion-/inicio