VI Mes do Teatro Afeccionado Pontedeume en Obras

VI Mes do Teatro Afeccionado Pontedeume en Obras

O Concello de Pontedeume organiza o VI Mes do Teatro Afeccionado Pontedeume en Obras coa vocación de promover e organizar actividades teatrais, potenciando a divulgación das compañías teatrais afeccionadas.

Datas:
O VI Mes do Teatro Afeccionado Pontedeume en Obras terá lugar os sábados 4, 11, 18 e 25 de maio de 2019.
O horario das representacións será ás 20.30 horas. 
O lugar de tódalas representacións será o salón de actos do IES Breamo situado na Rúa Ricardo Sánchez 5, Pontedeume.
As labores de carga e descarga, así como a montaxe e desmontaxe de decorados e escenografía, serán realizadas por persoal da compañía ou grupo.

Medios técnicos:
Salón de Actos do IES Breamo conta coas seguintes dotacións técnicas (Pode descarse da páxina web do Concello de Pontedeume un plano esquemático do salón de actos):
Un escenario de 7 m. de ancho, 5 m. de fondo e 2,5 m. de alto. Conta con paso traseiro e entrada directa ao escenario
desde o camerino.
Unha barra exterior dotada de 4 focos PAR e 4 focos PC.
3 luces no frontal do escenario con cores intercambiables.
Mesa de son e de luces.
Reproductor de DVD e proxector.
Toma de corrente.
Tarima de madeira.
Telón.
Patio de butacas cun aforo para 130 persoas.
Aparcamento reservado para carga e descarga.
As labores de carga e descarga, así como a montaxe e desmontaxe de decorados e escenografía, serán realizadas por persoal da compañía ou grupo.

Participación:
O Encontro só está aberto a grupos de teatro afeccionado. Cada grupo pode presentar o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha. As obras poderán ser representadas tanto en galego como en castelán e deberán ter unha duración mínima de 45 minutos.
Non se poderán presentar obras seleccionadas en edicións anteriores deste certame, pero si poderán participar compañías que teñan participado en anos anteriores.

Toda compañía que desexe participar no Encontro deberá enviar a seguinte documentación:
A “Ficha do espectáculo” cuberta cos datos da obra representada. (Pode descargarse da páxina web do Concello de Pontedeume)
Un mínimo de 3 fotografías do espectáculo e cartel da obra en formato dixital para a promoción do mesmo.
Un dvd do espectáculo íntegro que representará, ou enlace web para a súa visualización.
Todo isto deberá ser facilitado por correo electrónico á seguinte dirección:
pontedeumeenobras@gmail.com
ou por correo postal á dirección:
   Rúa Real 13
   15600 Pontedeume. A Coruña
 Especificando: VI Encontro de Teatro Afeccionado Pontedeume en Obras.

Prazo:  O prazo límite para a presentación da documentación conclúe o mércores 17 de abril de 2019.

Caché: O Concello de Pontedeume abonará un caché de 350 € a cada unha das tres compañías seleccion.

Máis información no BOP da Coruña do 9 de abril de 2019, na OMIX de Pontedeueme, teléfono 981 433 039 e en http://www.pontedeume.gal/temp/teatro2019.pdf