“Kdadas Implíkte na Casa da Xuventude de Cambre”

“Kdadas Implíkte na Casa da Xuventude de Cambre”

Durante as vacacións de Semana Santa, kdamos na Casa da Xuventude de Cambre para implicarnos no seu coidado e darlle un aire novo. Unha boa posta a punto!

Todas as actividades son gratuitas e están dirixidas a mocidade de 12 a 30 anos.  

Luns 15
Felpudos personalizados. Transformaremos os vellos felpudos marróns en felpudos cheos de cor para transmitir boa enerxía nada máis entrar na nosa Casa.

Martes 16
Mesiña decorada. Convertiremos unha mesa gris nunca mesa chea de color a través das técnicas do stencil e decoupage.

Mércores 17
Decoración primaveral. Xa hai semanas que cambiamos de estación… traballemos nunha proposta de wall art para darlle cor ás paredes da Casa!

Ademáis, é o Día Europeo da Información Xuvenil. Non perdas oportunidade de vir coñecer o que a información xuvenil pode facer por ti!  

Luns 22
Amañando palets. Transformamos uns palets vellos nalgo útil para a Casa da Xuventude.

Ademáis, os luns teremos, como é habitual, en horario de 19:00 a 20:00, o grupo de conversación de Inglés.