Finanzas para Mortais FxM

Finanzas para Mortais FxM

Programa enmarcado dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A. para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco de Eduemprende.

Este programa ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.

O pasado 20 de novembro tivo lugar no CIFP Compostela a xornada de formación de voluntariado incluída no programa Finanzas para mortais, enmarcado no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende. A esta xornada asistiron 61 alumnos e alumnas do ciclo superior de Administración e finanzas dos seguintes centros: CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, IES Gregorio Fernández,  IES Luís Seoane, IES A Pinguela, CIFP Portovello e IES Ricardo Mella.

As actuacións no CIFP Rodolfo Ucha comenzaron en novembro e a día de hoxe contínúan:

  • Alumnos voluntarios do centro participan como formadores (27 e 28 de marzo) en sesións de FxM a alumnos do ciclo medio e superior das familias profesionais de Comercio e Administración e Finanzas.

Moitas gracias os voluntarios de Banco Santander da oficina da Rúa Real, Andrés Fernández y Carlos Otero por su dedicación y participación. Parabéns!!

  • Varios grupos de alumnos (Comercio, Administración e Finanzas, Turismo e Edificación) reciben formación básica relacionada co mundo da banca e finanzas.