V Xornada Xuventude e Eemprego Emprendendo dende o Sustentable en Porto do Son

V Xornada Xuventude e Eemprego Emprendendo dende o Sustentable en Porto do Son

Obxectivo xeral.
Fomento da iniciativa emprendedora entre mozos e mozas da zona.
Obxectivos específicos.
– Achegar aos mozos e mozas outras alternativas ao emprego, mais alá do emprego por conta allea.
– Espertar e/ou madurar a iniciativa empresarial entre mozos e mozas.
– Coñecer os recursos ao seu alcance para a posta en marcha dalgunha iniciativa emprendedora, novas fórmulas xurídicas, etc.
– Coñecer experiencias emprendedoras con base na sustentabilidade en xeral (polas materias primas utilizadas, polas técnicas de produción, polo respeto ao medio, pola recuperación de oficios, etc).

Datas e lugar de celebración
A xornada Xuventude e Emprego terá lugar o xoves día 11 de abril no auditorio da casa de cultura de Porto do Son en horario de 09.00h a 13.30h. 
Participación gratuíta previa inscrición

Programa
09.00h: Recepción de participantes e entrega de documentación.
09.30h: Inauguración da Xornada.
09.45h: A importancia dunha boa idea empresarial e a súa maduración. Rafael Vázquez,
economista da Fundación Ronsel.
10.30h: A cooperativa como fórmula de emprendemento: a cooperativa xuvenil. Rosa Álvarez,
técnica da unión de cooperativas Espazocoop.
11.15h Descanso e café de cortesía.
11.45h: Emprendendo dende o sustentable: palestra de experiencias emprendedoras.
– Ruth González, xerente de SonAgasallo.
– Susana Pena Liaño e Soraya Romero Gabarri, de Mulleres Colleiteiras, S. Coop. Galega.
– José Piñeiro Pérez, xerente de Instrumentos Nebra.
– Alexandra Touza, directora de www.ponlecaraalturismo.com
13.00h Clausura con actuación musical a cargo de “Alba&Loren”.

Máis información na OMIX de Porto do Son. Teléfono: 981 767 589