Alumnado do CS de Proxectos de Edificación asiste ás V Xornadas de Edificación e Obra Civil

Alumnado do CS de Proxectos de Edificación asiste ás V Xornadas de Edificación e Obra Civil

O día 20 de marzo o alumnado do CS PE, acompañado polas profesoras do ciclo Ana Pacoret Balsa e Ana Domínguez Laíño asisitiron as charlas organizadas polo IES As Fontiñas en Santiago.

sdr

Na xornada presentáronse novas liñas de innovación no sector da construción, as novas enerxías ou a importancia da madeira polas moitas posibilidades do seu uso na edificación. Houbo actividades sobre a fotogrametría con drons, os sistemas de información xeográfica ou o contorno BIN, unha metodoloxía de traballo que permite a xestión integral dos proxectos.

A xornada rematou cunhas visitas guiadas orientadas para o alumnado ás obras da rúa Castrón Douro e á rehabilitación do número 15 da rúa de San Pedro.