Probas de avaliación libres para competencias dixitais en ofimática

Probas de avaliación libres para competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2, manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación, do Catálogo nacional de cualificacións.

A Rede Cemit ten publicados na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de autoformación como material de apoio para a preparación destas probas:
– Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
– Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
– Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
– Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
– Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.gal.
prazo para presentarse a estas probas estará aberto ata o 3 de abril de 2019.

Lugares das probas:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190327/AnuncioG0177-200319-0001_gl.html

Máis información no DOG do 27 de marzo de 2019 e en http://cemit.xunta.gal