Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

Curso de prevención de riscos laborais nivel básico

A Escola Galega de Administración Pública convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico.
O prazo de presentación de solicitudes será do 25 de marzo ao 3 de abril de 2019.
Modalidade:  teleformación.
Duración:  60 horas edición.
Edicións:  tres.
Datas:  do 23 de abril ao 21 de xuño de 2019.
Proba final presencial:  o día 21 de xuño ás 10.00 horas.
A proba final do curso realizarase de forma descentralizada nos centros territoriais do Issga nas localidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e en Santiago de Compostela na sede da EGAP, rúa Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas.
Prazas:  75 por edición.
Contido:
– Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
– Riscos xerais e a súa prevención.
– Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
– Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
– Primeiros auxilios.
– Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.
Máis información no DOG do 22 de marzo de 2019 e en https://egap.xunta.gal