Correspondentes Xuvenís 3.0

Correspondentes Xuvenís 3.0

Correspondentes Xuvenis 3.0 do Ucha

Benvido á sección de Correspondentes Xuvenís 3.0 do CIFP Rodolfo Ucha.

Para quen non o coñeza, Correspondentes Xuvenís 3.0 é un programa educativo dependente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste na promoción e difusión de información de interese para o alumnado.

Deste xeito, intentaremos achegarvos todas as novidades que esperamos sexan do voso interese sobre bolsas, emprendemento, concursos de todo tipo (literarios, musicais, fotográficos…).

Poderedes consultar a información mediante esta canle, os taboleiros habilitados para tal fin no centro e a páxina do Facebook Xuventude Rodolfo Ucha.

Non nos podemos esquecer do alumno Marcial Leal Romero, xa que deseñou este marabilloso debuxo da cabeceira para correspondentes 3.0.

Para finalizar, comentarvos que tanto o profesorado e o alumnado voluntario estamos á vosa disposición.

Comezamos!!!