Concurso Idea Emprende

Concurso Idea Emprende

Publicada a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG 11 de marzo de 2019) pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2019, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades:
-A: ciclos de grao superior
-B: ciclos de grao medio

OS PREMIOS para cada categoría son:

  • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
  • Asesoramento técnico do IGAPE
  • Dotación económica:
  • 1º premio: 3.000 euros
  • 2º premio: 2.000 euros
  • 3º premio: 1.000 euros

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 10 de abril de 2019. 

Contactar con Elena Anca, coordinadora de Emprende en eanca@edu.xunta.es para marcar una cita e axudaros coa presentación do proxecto.

Pódese ampliar a información na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea