VI Concurso de microrrelatos do Rodolfo Ucha

VI Concurso de microrrelatos do Rodolfo Ucha

20181030LogoBiblioMiniaturaNon pasou un ano, seguimos no inverno, pero non teredes que agardar pola primavera para poder participar na nova edición do concurso de de microrrelatos do Rodolfo Ucha.

Lanzada queda a nova edición do xa tradicional concurso literario, coa fin de que aquel alumnado dos segundos cursos do réxime ordinario que a partir de abril se incorporen á FCT, poidan participar sen escusas de falla de tempo. Ánimo a todos e a escribir, que non son máis de 150 palabras. Iso si, lembrade que debedes incluír a frase “eu soa non podo” en calquera posición do microrrelato e que o prazo remata o 5 de abril.

Podedes enviar as vosas obras ao enderezo de correo electrónico edlg@cifprodolfoucha.es, dándolle un título e baixo pseudónimo.

Consultade aquí as bases de participación … e os premios!