Admisión a ciclos formativos – Prazo setembro 2018

Admisión a ciclos formativos – Prazo setembro 2018

O luns 3 de setembro comeza o prazo extraordinario de admisión aos ciclos formativos de Formación Profesional.

Na imaxe seguinte aparecen as datas do proceso:

Calendario admision_setembro 2018

No enlace seguinte pódese consultar toda a información completa do proceso de admisión e matrícula:

Información proceso de admisión

 

Resumo do proceso para Réxime Ordinario

  •  Primeiro curso (É importante ter en conta que primeiro faise a solicitude de admisión e unha vez se publique a adxudicación realizarase a matrícula no ciclo adxudicado)
    • O 4 de setembro farase a 1ª adxudicación extraordinaria sobre as listaxes de espera do período ordinario de xuño-xullo.
    • Para as novas solicitudes do mes de setembro, o proceso sería como segue:
      • Cumprimentar na aplicación web a Solicitude de admision (do 3 de setembro ao 11 de setembro ás 13:00 horas).
      • Unha vez cumprimentada a solicitude, imprimila e comprobar na última páxina da mesma se dita solicitude xa quedou validada ou ben é necesario validala no Centro xunto coa documentación que indicará nese mesmo texto.
      • Comprobar as diferentes listaxes que se irán publicando:
        • 13 de setembro: listaxe provisional de solicitudes
        • 19 de setembro: listaxe defintiva de solicitudes
        • 19 de setembro: segunda adxudicación
      • Matrícula 2º adxudicación: prazo do 19 ao 21 de setembro ás 13:00 horas.
      • A matrícula pode realizarse de 2 maneiras:
        • De xeito clásico:
        • Matricularse directamente dende a aplicación informática (esta posibilidade soamente é valida para o réxime ordinario, non sendo posible facer así a matrícula para o réxime modular)

Esquema simplificado Réxime Modular

  • As mesmas instrucións que para o 1º curso de réxime ordinario pero coa seguinte excepción importante:
    • A solicitude de admisión faise igualmente na aplicación web pero non se pode realizar a matrícula de xeito online senón que ten que facerse de xeito presencial.

Alumnado só con FCT/Proxecto (A FCT será de outubro a decembro)

  • Cumprimentar o documento de matrícula en pdf. (do 17 ao 24 xullo ou do 4 setembro ao 7 de setembro):
  • Imprimir, asinar e entregar dito documento na oficina
  • Para persoas menores de 28 anos, aboar 1’12€ do seguro escolar
  • Entregar tamén unha fotocopia do DNI