O alumnado de 2º realiza o seu período de Formación Dual e de Formación en Centros de Traballo en distintas empresas da comarca.
Unha vez terminada a súa formación algúns deles pasarán a formar parte das devanditas empresas.
Miotas grazas por apostar polo noso alumnado e parabéns a ambas partes.

Algunhas das empresas que colaboraron este curso con nos son: Construdeco, Neosic. Grupo Nervión e Proxest Proyectos y Gestión inmobiliaria. Nas imaxes adxuntas vemos os alumnos no seus postos de traballo.