Ciclos medios

Cualificación das probas de acceso a ciclos medios 2010Pódese consultar a listaxe das cualificacións definitivas das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Os certificados da proba de acceso entregaranse nos centros onde se realizou a proba a partir do día 29 de xuño.

Notas das probas libres de comercio

Achegáse o ficheiro coas cualificacións finais do proceso de probas libres do Ciclo Medio de Comercio.

 

 

Formación<br />
profesionalDende o 17 de xuño e ata o 2 de xullo, ambos os dous incluídos, está aberto o procedemento de admisión en ciclos formativos. O prazo extraordinario será dende o día 1 ao 13 de setembro, ambos os dous incluídos.

Aquí pódese consultar a documentación de interese.

Probas libres de ComercioOs días 15 e 16 de xuño terán lugar os exames das probas libres do Ciclo Formativo de Grao Medio de Comercio.

Achéganse o listado definitivo de admitidos e o horario detallado dos exames.

 

Probas de acceso a ciclos mediosO venres 4 de xuño de 2010 celebraranse as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio co seguinte horario:

09:00 Presentación
10:00 a 11:30 Parte Matemática
12:00 a 14:00 Parte Sociolingüística
16:30 a 18:30 Parte Científico – Técnica

As persoas inscritas deberán presentar o seu documento oficial de identidade e a copia da folla de inscrición á proba.

Bolsas Caja MadridAs bolsas son para realizar un programa de prácticas laborais de 7 semanas de duración no Reino Unido e Irlanda para estudantes e titulados de Formación Profesional de Grado Medio e Superior, a desenvolver nos meses de agosto e setembro de 2010.

Formación ProfesionalConvocadas as probas de acceso a ciclos formativos para o vindeiro curso. Os prazos para a inscrición son os que se detallan a continuación, tendo en conta que no noso centro non será posible presentar as solicitudes para os ciclos de grao superior.

"A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria ou centros integrados de formación profesional onde se impartan ciclos formativos de formación profesional, no prazo comprendido
entre os días 1 e 12 de marzo de 2010, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo I recollido na Orde do 2 de decembro de 2008, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo.
"

"A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria ou centros integrados de formación profesional onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional (agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol), no prazo comprendido entre os días 18 e 29 de xaneiro de 2010, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo II recollido na Orde do 2 de decembro de 2008, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo."