Ciclos superiores
No D.O.G. do martes 16 de decembro de 2008 publicouse a Orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional.
A Obra Social de Caja España convoca un plan de Becas dirixido aos alumnos de Grao Superior de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño.
Convócanse 50 becas, de ata un máximo de 3000 euros, que se concederán aos mellores proxectos individuais presentados, escollidos por un xurado.
Os proxectos deberán estar orientados a estudios de posciclo (excluíndo os universitarios) ou á realización de prácticas especializadas.
O alumnado dos segundos cursos de informática (E.S.I., A.S.I. e D.A.I.) visitou o venres 21 as instalacións do centro de proceso da empresa de comunicacións R.
A visita permitiu coñecer unhas instalacións que, con tecnoloxía punteira, fan chegar a grande parte do territorio galego os sinais de telefonía, internet e televisión que a empresa proporciona utilizando medios de transmisión propios.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
O prazo extraordinario de presentación de solicitudes de admisión aos ciclos formativos remata o venres 12 de setembro de 2008.
Nos seguintes enlaces pódese obter toda a información e documentación necesaria para o alumnado interesado en acceder ao primeiro curso dos ciclos formativos de grao medio e superior así como ao listado de ciclos que posúen matrícula liberada (con prazas libres para matricularse neste prazo).
http://www.edu.xunta.es/fp/admisionCS.htm
http://www.edu.xunta.es/fp/admisionCM.htm
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
Publicada a 1ª relación ordinaria de solicitantes admitidos nos ciclos formativos en rexime ordinario no CIFP Rodolfo Ucha (21 de xullo de 2008).
O prazo de matrícula ou renuncia á praza adxudicada nesta 1ª adxudicación ordinaria é do 21 de xullo ao 24 de xullo de 2008.
Podese consultar o listado de admitidos nos Ciclos Medios e Ciclos Superiores na nova sobre admisión.
Consulte aquí toda a información sobre as datas importantes e documentos de interese.
Dispoñibles as cualificacións definitivas das probas para ciclos superiores e a listaxe de sedes para ciclos medios.
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria presentou o pasado venres 28 de marzo o proxecto FP Plus: Emprender na Formación Profesional. Esta acción posta en marcha pola Administración educativa galega busca promover iniciativas emprendedoras no eido da Formación Profesional así como fortalecer a mentalidade emprendedora e a asunción de riscos.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis

