Ciclos superiores
Dende o 17 de xuño e ata o 2 de xullo, ambos os dous incluídos, está aberto o procedemento de admisión en ciclos formativos. O prazo extraordinario será dende o día 1 ao 13 de setembro, ambos os dous incluídos.
Aquí pódese consultar a documentación de interese.
Iria, Cecilia, Emilio, David C., David O., Sergio, Julen e Juan, son un grupo de alumnos que para practicar bases de datos en .net fixeron este pequeno programiña emulando ó xogo O preguntorio que no 2003 distribuíu a Xunta de Galicia.
A implementación desta sinxela aplicación só pretende que dunha forma divertida poidamos practicar conceptos vistos na clase de programación.
Agora quixeron compartir esta experiencia, que esperamos que vos guste.
As aplicacións instálanse en Windows e é preciso ter instalados o Runtime de .net Framework e o SQL Server Express Edition 2005.
A nosa felicitación e agradecemento a todos estes estudantes.
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración con BIC GALICIA (IGAPE) convoca para o ano 2010 o concurso FP Idea, coa intención de promover a realización de proxectos empresariais.
Os participantes (alumnado do último curso dos ciclos formativos de F.P. de grao superior) teñen de prazo ata o 30 de abril para presentar o seu proxecto empresarial ou a súa Idea innovadora.
A Consellería de Educación ven de convocar os premios extraordinarios de F.P. correspondentes ao curso 2008-2009, para recoñecer os méritos do alumnado de ciclos superiores con bos resultados académicos.
O premio consiste en 732€ e a posibilidade de participar posteriormente nos premios extraordinarios estatais. Poderanse presentar aqueles que teñan unha media igual ou superior a 8,5 no seu expediente académico.
No documento que se achega está a convocatoria oficial publicada no D.O.G. e nel pódese atopar o modelo de solicitude que os interesados deberán presentar na secretaría do centro.
Convocadas as probas de acceso a ciclos formativos para o vindeiro curso. Os prazos para a inscrición son os que se detallan a continuación, tendo en conta que no noso centro non será posible presentar as solicitudes para os ciclos de grao superior.
"A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria ou centros integrados de formación profesional onde se impartan ciclos formativos de formación profesional, no prazo comprendido
entre os días 1 e 12 de marzo de 2010, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo I recollido na Orde do 2 de decembro de 2008, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo."
"A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria ou centros integrados de formación profesional onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional (agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol), no prazo comprendido entre os días 18 e 29 de xaneiro de 2010, ambos os dous incluídos, segundo o modelo do anexo II recollido na Orde do 2 de decembro de 2008, pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo."
O alumnado dos segundos cursos dos ciclos superiores de informática visitou o venres 11 as instalacións do centro de proceso da empresa de comunicacións R.

A visita, que xa se está a converter nunha tradición para o noso centro, permitiu coñecer unhas instalacións que contan con tecnoloxía avanzada en todos os aspectos das comunicacións e que colocan a esta empresa galega na vangarda do sector.



