Tecnoloxía
Iria, Cecilia, Emilio, David C., David O., Sergio, Julen e Juan, son un grupo de alumnos que para practicar bases de datos en .net fixeron este pequeno programiña emulando ó xogo O preguntorio que no 2003 distribuíu a Xunta de Galicia.
A implementación desta sinxela aplicación só pretende que dunha forma divertida poidamos practicar conceptos vistos na clase de programación.
Agora quixeron compartir esta experiencia, que esperamos que vos guste.
As aplicacións instálanse en Windows e é preciso ter instalados o Runtime de .net Framework e o SQL Server Express Edition 2005.
A nosa felicitación e agradecemento a todos estes estudantes.
O alumnado dos segundos cursos dos ciclos superiores de informática visitou o venres 11 as instalacións do centro de proceso da empresa de comunicacións R.

A visita, que xa se está a converter nunha tradición para o noso centro, permitiu coñecer unhas instalacións que contan con tecnoloxía avanzada en todos os aspectos das comunicacións e que colocan a esta empresa galega na vangarda do sector.
A rede corporativa da Xunta sufriu onte unha avaría durante a mañá e parte da tarde que deixou sen funcionamiento á maioría dos seus departamentos durante máis de seis horas. O fallo informático afectou sobre todo aos centros educativos, ao Servizo Galego de Colocación e ás xestións por Internet. Os colexios e institutos públicos non puideron facer ningún traballo administrativo porque o seu sistema depende totalmente dos servidores da Xunta.
A causa da avaría (que durou entre as 10.05 horas e as 16.30) foi, segundo a Xunta, unha xeración incontrolada de tráfico na rede que afectou aos seus elementos centrais de interconexión. Non se tratou dun colapso por que moitos usuarios accederan nese momento á rede, senón que foi a avaría a que xerou ese tráfico intenso.
O Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organiza as Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro de Internet na Infancia. Vixilancia e Control do Uso de Internet que se celebrarán, con carácter gratuíto, nas principais cidades galegas durante o mes de novembro e estarán dirixidas fundamentalmente a pais, mestres e incluso aos propios alumnos de secundaria, bacharelato ou ciclos, interesados na materia.
Estas xornadas teñen a finalidade de concienciar á comunidade educativa sobre os usos e riscos das TIC e facilitar os medios necesarios para aprender os métodos de control do uso da Internet, sen que se impida o acceso á sociedade da información.
En Ferrol celébranse o martes 17 de novembro no Centro Cultural Torrente Ballester, rúa Concepción Arenal s/n. Haberá dúas quendas na mesma tarde, unha ás 16 horas e outra ás 18.30 horas. A asistencia é libre.
Simulador de Aforro con Bombillas de Baixo Consumo (ALR)
Simulador de Aforro de Enerxía (JOC)
Simulador de Aforro con Bombillas de Baixo Consumo (JOC)
Simulador de Aforro de Enerxía (MGQ)
Simulador de Aforro con Bombillas de Baixo Consumo (MGQ)
Simulador de Aforro de Enerxía (RVS)
Simulador de Aforro con Bombillas de Baixo Consumo (RVS)
Simulador de Aforro de Enerxía (SCF)
Simulador de Aforro con Bombillas de Baixo Consumo (SCF)
Simulador de Aforro de Enerxía (TAV)
Simulador de Aforro con Bombillas de Baixo Consumo (TAV)
Xa está oficialmente presentado Galinux, un sistema operativo de código aberto e na nosa lingua promovido polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) e a comunidade galega de software libre, xunto coa Consellería de Innovación e Industria.
Tratase dun sistema baseado en Ubuntu, que inclúe todas as aplicacións na nosa lingua e que será actualizado permanentemente.
O alumnado dos segundos cursos de informática (E.S.I., A.S.I. e D.A.I.) visitou o venres 21 as instalacións do centro de proceso da empresa de comunicacións R.
A visita permitiu coñecer unhas instalacións que, con tecnoloxía punteira, fan chegar a grande parte do territorio galego os sinais de telefonía, internet e televisión que a empresa proporciona utilizando medios de transmisión propios.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios

