Biblioteca

Uxío NovoneiraNa biblioteca do centro están dispoñibles obras salientables de autores da literatura galega e universal dos que neste ano conmemoramos algún acontecemento.

Invitámosvos a todos a coñecer os seus mundos.

 

Edgar Allan PoeNo conto “O gato negro” o protagonista, estando na cadea, relátanos que vai morrer mañá e ao longo da historia, contada en pasado, dá testemuño dos terribles acontecementos que o levaron ata alí (a cadea).

116 anos despois Eduardo Blanco Amor en A esmorga, case do mesmo xeito, cóntanos en primeira persoa as últimas horas dun que será axustizado por un crime despois dunha longa noite de pándega.

Neste ano 2009 celebramos a estes dous grandes autores, 200 anos do nacemento de Edgar Allan Poe e 50 anos da publicación da que é para moitos a mellor novela galega do século XX.Eduardo Blanco Amor

Tedes á vosa disposición na biblioteca exemplares diversos destes autores, recén adquirida unha nova edición dos “Contos completos” de Poe e, por suposto, novas edicións de “A esmorga”.

Queda invitada toda a comunidade escolar do centro a visitar a obra destes dous grandes literatos.

Os bibliotecarios Fátima e Raúl

Fátima (a nova bibliotecaria) e Raúl (en calidade de Coordinador da biblioteca) están levando a cabo un profundo proceso de reorganización da biblioteca, nun intento de facer que os fondos dispoñibles sexan accesibles a toda a comunidade educativa.

Unha das principais novidades é que os fondos estanse a incorporar, aos poucos, ao proxecto Meiga, o que xa permite as buscas a través de internet para saber se a biblioteca dispón ou non dun libro, utilizando o seguinte enlace http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CER003.