Bacharelatos

Nos ficheiros que se achegan, pódense consultar os horarios dos exames de setembro para as probas libres de FP (dos ciclos que se extinguen Administración de Sistemas Informáticos e Xestión Administrativa) e para os exames de Bacharelato.

Iván García CamposO autor gañador do Premio Blanco Amor de novela coa obra O imposible de desatar, Iván García Campos, estivo na nosa biblioteca para falar de literatura.

Iván explicou moitos aspectos da novela, dende o seu concepto da obra literaria ata o proceso de presentación ao premio. A exposición foi seguida por un coloquio no que  os alumnos dos Bacharelatos preguntaron por diversos aspectos da obra.

Primeiro de bacharelato no Teatro JofreOs alumnos do 1º curso de Bacharelato achegáronse o mércores 11 de maio ao Teatro Jofre para asistir á representación teatral "Pelos na lingua" do grupo Talía, obra que cuestiona os prexuízos lingüísticos. O debate lingüístico visto dende o teatro e con humor.

Lectura de CastelaoOs alumnos de 2º Bacharelato acudiron o xoves 7 de abril á Feira do Libro de Ferrol, acompañados de Luzma e Pedro, para ver os postos e participar no Maratón de Lectura de Castelao que se densenvolveu na Fundación Caixa Galicia.

Mesa redonda 'Historia do Baloncesto en Ferrol'

O martes 1 de marzo ás 10.30 terá lugar na Biblioteca do Centro unha mesa redonda cos seguintes participantes:

  • Juan Fernández, presidente do antigo OAR, quen falará das orixes do equipo e do seu asceso á liga ACB.
  • Antonio Barros, pioneiro do baloncesto, entrenador do Bazán e delegado, tratará sobre o nacemento do baloncesto ferrol nos anos 1950-70.
  • Manolo Aller, ex-xogador internacional, dará a perspectiva dun xogador de primeiro nivel coas súas experiencias e anécdotas.
  • Armenio Pazos, xogador do Ferrol Baloncesto, quen dará a súa visión sobre a situación actual.

Despois da intervención de cada un dos participantes, terá lugar un breve coloquio.

Visita de alumnos de bacharelato á fundación CaixaGalicia (21-12-2010)Os alumnos de bacharelato fixeron unha visita á exposicion de fotografía "Ruth Matilda Anderson. Unha mirada de antano" na Fundación CaixaGalicia. De seguido, dentro do ciclo “Cinema en galego” asistiron á proxección do filme Concursante de Rodrigo Cortés acompañados por Pedro Picallo.

Proxección do filme "Retorno a Hansala"
O venres 30 de outubro no Campus da Universidade os alumnos de bacharelato, acompañados por Pedro Picallo, asistiron á xornada de "Cinema e sociedade" organizada polo Ateneo Ferrolán.

Retorno a Hansala

Proxectouse o filme Retorno a Hansala, dirixido por Chus Gutierrez, e logo houbo unha mesa redonda para falar sobre a inmigración e as súas implicacións éticas.

Pódese ver unha galería de imaxes desta actividade.