Educación

O martes 16 de decembro os cursos de bacharelato achegáronse á Coruña acompañados da profesora de historia, Esperanza, e de galego, Pedro, a dúas exposicións, guiadas ao Museo de Belas Artes, e á exposición “As nosas palabras, os nosos mundos”.

Foi unha xornada moi agradábel, cun tempo outonal soleado e moi proveitosa.
Podes ver máis fotos na galería de imaxes.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis
No D.O.G. do martes 16 de decembro de 2008 publicouse a Orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional.
Entre os días 4 e 7 de decembro celébrase en Palexco (Palacio de exposicións e congresos da Coruña) a Feira galega das industrias culturais, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte.
A Feira Cultur.gal pretende ser unha plataforma de encontro entre a oferta cultural máis diversa e o público tanto xeral como especializado.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis
Hoxe están convocadas en toda España diversas mobilizacións en defensa dunha regulación, por parte dos Ministerios correspondentes, tanto do contido dos novos títulos de Grao e Máster da enxeñería informática como das atribucións profesionais que lles correspondan. Sen esta regulación córrese o risco de que a carreira de informática quede diluída e deixe de ser atractiva tanto para os estudantes como para as universidades.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recolleu nun único libro, en formato pdf, todo o marco lexislativo correspondente ao bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Inclúense nel os Decretos, Ordes e Resolucións actualmente aplicables a esta etapa.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
Xa se poden recoller no centro os diplomas de asistencia ao Curso do Plan F.I.P. - 2008/416 - Deseño e Modificacion de Planos en 2D e 3D celebrado no noso centro entre o 1 de abril e o 11 de xuño do 2008.
Os diplomas pódense recoller na secretaría do centro no horario de oficina (de 9:30 a 14:00).
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
Coincidindo coa celebración, o 5 de outubro, do Día Mundial dos docentes (declarado pola Internacional de educación), os sindicatos CC OO, UGT, USO, ANPE, CSI CSIF e FSIE veñen de publicar un manifesto conxunto para pedir a toda a sociedade (políticos, familias ou medios de comunicación) o recoñecemento da tarefa que leva a cabo o profesorado.
- Debe identificarse para engadir novos comentarios
- Ler máis

