Lingua

Celga 2012

A Secretaría Xeral de Política Lingüística abriu a convocatoria das probas para obter os certificados acreditativos dos niveis de competencia en lingua galega, Celga 1, 2, 3, e 4. O prazo de inscrición para realizar as probas permanecerá aberto ata o próximo 3 de abril.
D.O.G. da convocatoria

Tamén está aberto o prazo para inscribirse nos cursos preparatorios para as probas CELGA, que son voluntarios e gratuítos. Estes cursos realizaranse entre os meses de febreiro e maio. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de xaneiro.
http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga

Por outra banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten á disposición da cidadanía no seu web www.xunta.es/linguagalega materiais para preparar os diferentes niveis do Celga mediante o sistema de autoaprendizaxe e distintos recursos complementarios. Entre estes materiais inclúense os manuais da colección Aula de Galego e diversos modelos de exames pertencentes ás convocatorias anteriores.
http://www.xunta.es/linguagalega/autoaprendizaxe

Toda a información relativa á lingua galega está sempre dispoñible no enderezo
www.xunta.es/linguagalega

Concurso de carteis Letras 2012A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, un ano máis, un concurso no que se propón a elaboración dunha exposición arredor da obra, da vida e da época do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012, Valentín Paz Andrade.

Os grupos de traballo gañadores recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 euros.

O prazo para a admisión de traballos remata o día 16 de xaneiro de 2012.

Concurso de presentación electrónicas de NadalA Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a segunda edición do concurso de presentacións electrónicas de Nadal. O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral.

Animación á lectura na Biblioteca Municipal de FerrolBenvidos ao novo curso 2010-11, ánimo e que todos os anceios e desexos fructifiquen; e para iso nada mellor que a cultura e aínda mellor en galego.

Concello de Ferrol a través da súa Biblioteca Municipal, programa durante varios luns o Ciclo As miñas lecturas favoritas.

Uxío NononeyraDous anos despois do Día das Letras dedicado a María Mariño, a celebración volta este ano ao Courel.

A Real Academia escolleu ao poeta Uxío Novoneyra como homenaxeado en 2010 en resposta a unha intensa campaña social a prol deste autor.

Coñece a súa figura. Ler máis

Cartel da exposición do Día das Letras GalegasNo vestíbulo do centro pódese ver estes días a exposición de carteis sobre Uxío Novoneyra que gañou, na categoría de ensino sencudario, o concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do Día das Letras Galegas.

Os carteis foron elaborados por alumnado do CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas, Ourense) e leva por título «Uxío Courel, Courel Uxío».

 

Instituto galego de<br />
estatísticaO Instituto Galego de Estatística ven de publicar a «Enquisa de condicións de vida das familias» e no apartado Coñecemento e uso do galego inclúense datos que comparan a situación actual coa de hai cinco anos e amosan a difícil realidade da nosa lingua.