blog de pedropr

Estamos de noraboa , unha escritora ferrolá recibiu os dous premios máis importantes da literatura galega,gañadora do Premio Xerais de Novela 2009 con Sol de Inverno, dotado con 25.000 euros, tamén se fixo co Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil -dotado con 10.000 euros-, con Ás de bolboreta, e ademais quero destacar o discurso na entrega de premios que fixo Agustín Fernández Paz, unha xoia literaria e profunda sobre a lingua e este país, podedes velo en :http://bretemas.blogaliza.org/2009/06/07/o-seran-de-agustin/

Nesta semana estiveron feitos escaparates en colaboración con Carmen López e Sargadelos adicados a Ramón Piñeiro e o libro galego. Na web veredes as fotos e aquí déixovos información sobre o autor homenaxeado este ano

 

En doce anos duplicouse o número de persoas que nunca falan en galego, do 13 ao 25 por cento

O 10,7% dos menores galegos recoñecen que recibiron ensino “só en castelán”, a pesar do anterior decreto.

Só galego Máis galego Máis castelán Só castelán
MSG-92 30,5 30,5 26 13
MSG-04 16 22,9 35,3 25,8

Segundo o Mapa Sociolingüístico, hai unha notoria perda do denominado “bilingüismo de maioría galego” nos hábitats intermedios e unha considerábel suba do maioritario en español. As cidades con maior uso do castelán (“só e máis castelán”) son Ferrol (85%), Vigo e A Coruña (81,9% en ambas). Cómpre, ademais, salientar a presenza do monolingüismo en castelán en Ferrol (57,5%) e Vigo (45,5%).

¿ Galiza ou Galicia?, ¿estudo ou estudio?Non me aclaro…

ADVERBIO