A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.800 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2008, que poderá solicitar o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da comunidade autónoma.

O prazo de solicitude vai do 18 de xaneiro ó 18 de febreiro.

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Convocatoria nacional de propostas das accións descentralizadas dos programas Comenius, Leonardo da Vinci, Erasmus, Grundtvig e transversal.

Documentos

Organismo autónomo de programas educativos europeos

 

O Congreso de Internet na Aula defínese como unha actuación de dinamización e formación para a comunidade educativa no uso das TIC nos procesos educativos.
Os seu obxectivos serán favorecer o uso das TIC no ámbito educativo e
facilitar o achegamento do docente á sociedade da información axudándolle a acadar as competencias básicas do novo currículo.

Un dos clásicos documentos con léxico informático en lingua galega.

O informe español PISA 2006 (126 páxinas) recolle unha síntese dalgúns dos datos máis destacados, dende a perspectiva española, do Informe Internacional PISA elaborado pola OCDE (OCDE, 2007). Trátase dunha versión simplificada porque se reproducen os datos máis destacados de España en comparación cos outros países participantes, cos promedios OCDE e, nalgúns casos, con países relevantes dende a perspectiva española. Esta recopilación de resultados pon énfase naqueles datos comparativos que permiten coñecer mellor o rendemento dos alumnos españois.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especial ten publicada unha guía en formato pdf con respostas a dúbidas frecuentes.