Ciclos medios
Para poder acceder a estes estudios débese cumprir algunha das seguintes condicións:
- Posuír algunha das seguintes titulacións: ESO, técnico auxiliar, técnico, 2° BUP, 2° curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias, ter superados o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo curso de comúns experimental das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos ou ter superados outros estudos declarados equivalentes con algún dos anteriores para efectos académicos .
- Superar unha proba de acceso, para o que é preciso ter cumpridos 18 anos (ou cumprilos no ano de realización da proba) ou ter superado un programa de Garantía Social.





