Informe PISA 2006

O informe español PISA 2006 (126 páxinas) recolle unha síntese dalgúns dos datos máis destacados, dende a perspectiva española, do Informe Internacional PISA elaborado pola OCDE (OCDE, 2007). Trátase dunha versión simplificada porque se reproducen os datos máis destacados de España en comparación cos outros países participantes, cos promedios OCDE e, nalgúns casos, con países relevantes dende a perspectiva española. Esta recopilación de resultados pon énfase naqueles datos comparativos que permiten coñecer mellor o rendemento dos alumnos españois. Trátase por tanto, dunha descrición dos principais resultados e a influencia sobre eles dos principais factores asociados que os explican. [Informe PISA España no MEC]